A volta

COVID 19

Facendo clic no icóno da dereita que indica COVID, terán toda información que o centro está a elaborar sobre as novas medidas

Comedor e Matrícula Novo Alumnado

23/06/2020
Europe/Madrid

Dentro de Secretaría teñen toda información precisa referente ao Comedor Escolar así como a Matrícula do Novo Alumnado

Falares 28

O Falares 28 ten un significado moi especial para o centro. Tentamos transmitir a través del moitos momentos vividos ao longo do presente curso, que resultou tan estraño para toda a Comunidade Educativa.

Pedimos que o desfruten en familia, observando a cantidade de aportacións do alumnado que, con toda a ilusión e esforzo do mundo, desenvolveron un traballo sensacional.

Para a nosa memoria

Todo o vivido estes meses quedará na nosa memoria. Esta é a derradeira entrega de material para o alumnado, que durante todo este tempo, demostrou un gran valor de esforzo pola súa participación tan importante. Parabéns a todo o alumnado do noso centro así como ás familias, que tanto aportaron para que eses resultados foran tan meritorios.

Un mundo increíble

Temos outro bloque de actividades para o noso alumnado. Moito ánimo para toda a nosa comunidade educativa

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Nos seguintes enlaces teñen toda a información precisa referente á Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, para o curso escolar 2020/21:

As nosas producións no confinamento

Un conto de aprendizaxe

Novo bloque de actividades para o noso alumnado, a realizar na vindeira quincena. Moito ánimo.

 

Periodo de solicitude de admisión e matrícula

 NOVA

Seguindo as indicacións da consellería de educación, os prazos de solicitude de admisión e matrícula do alumnado de infantil e primaria, son os seguintes:

 

Distribuir contido