Estimadas familias, poñemos a disposición do alumnado un novo grupo de actividades paa desenvolver ao longo desta quincena.
Dende o centro esperamos que a nosa comunidade educativa non esté a sufrir problemas de saúde relacionados co Coronavirus, e desexamos poder volver a reunirnos co noso alumnado o máis axiña posible.
Seguimos adiante, con ilusión e enerxía. Todos xuntos somos capaces de facer moitas cousas, levantar muros de sorrisos, construir cadeas de felicidade,... e como non, afogar malas novas.
Asi que o profesorado volve a enviar unha pequena gota de ánimo para todo o alumnado.
Esta é a nosa páxina web. Estamos en proceso de elaboración constante, polo que solicitamos certa comprensión por se non atopas o que buscas.
Gracias e benvidos/as a nosa web