Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24

 

ADMISIÓN ALUMNADO

CURSO 2023/2024

Comezo do proceso de admisión de alumnado (do 1 ao 20 de marzo) para o vindeiro curso 2023/2024.

Instrucións:

Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.

Forma de presentación das solicitudes:

   A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

   Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

   Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Enlaces de interese:

Admisión alumnado

Sede electrónica

Modelo solicitude ED550B (galego)

Modelo solicitude ED550B (castelán)

 

Documentación a presentar coa solicitude:

Anexo II + Anexo II bis (DOGA, nº 212, 8 de novembro de 2022 ).

Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).

No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.

 

De ser o caso:

 

Documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 

No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.

 

 

Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril 

Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio 

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

PREME NA IMAXE PARA CONSULTAR O CALENDARIDO PRESENTE CURSO

 

 

 

ADEMAIS DOS DÍAS NON LECTIVOS DO CALENDARIO OFICIAL,TAMÉN SERÁN NON LECTIVOS:

O DÍA 11 DE NOVEMBRO(festivo local)

E O DÍA 5 DE DECEMBRO  (elixido polo centro)

 

 

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2020/2021

 

PREME NA IMAXE OU NO ADXUNTO PARA CONSULTAR O CALENDARIO ESCOLAR DO PRESENTE CURSO.

 

ADEMAIS DOS DÍAS NON LECTIVOS DO CALENDARIO OFICIAL,TAMÉN SERÁN NON LECTIVOS:

O DÍA 11 DE NOVEMBRO(festivo local)

E O DÍA 18 DE MAIO (elixido polo centro)

NOTAS 2º TRIMESTRE

Queridas familias:

Queremos trasladarvos unha información de interese: a segunda avaliación vaise a levar a cabo na data prevista. 

Polo tanto, as cualificacións da 2ª avaliación, publicaranse o venres  3 de abril.

Comunicaranse a través da aplicación abalarMóbil. 

 

A descarga desta aplicación (para quen non o teña feito) faise, de xeito gratuíto, dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).  

 

IMPORTANTE. Para darse de alta nesta aplicación debedes  empregar os mesmos números de teléfono móbil que aparecen no expediente do/da alumno/a.

 

No seguinte enlace hai un vídeo explicativo da aplicación:  https://youtu.be/_7SkyNklCoU

 

Aquelas familias que non poidan consultalas na aplicación poderán solicitalas a través do correo electrónico: ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es

 

 

Distribuir contido