Complementarias
TEATRO: BON APPETIT
O mércores día 27 de marzo o alumnado de 3º e 4º, xunto con dúas mestras desprazouse a Pontevedra para desfrutar dunha obra de teatro de AFUNDACIÓN: "Bon Appetit"(dos Ghazafellos)
Gustounos moito, xa que mesturaba as receitas de Álvaro Cunqueiro con teatro, música, títeres e xogos de palabras nun enredo cheo de humor.
XOGADE: SOUTELO-CERDEDO
O martes 26 de marzo disfrutamos dunha nova xornada de deporte dentro do Xogade.
Esta vez tocounos ser os anfitrións e recibimos de moi boa gana aos nenos e nenas do CEIP San Xoán Bautista de Cededo-Cotobade.
Disfrutamos de fútbol, baloncesto e balonmán, nun ambiente moi deportivo, cun gran esforzo do alumnado pero á vez, e máis importante, nun ambiente de compañeirismo e deportividade.
MOI BEN POLO ALUMNADO DOS DOUS COLEXIOS!!!
21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE
O xoves 21 de marzo celebramos a chegada da primavera e o día da árbore facendo unha camiñata ata os montes comunales de Vilapouca.
A xornada estivo organizada polo DistritoForestal XVI xunto co CEIP de Soutelo de Montes e os comuneiros de Vilapouca. A primeira actividade consistiu nunha camiñata ata o monte comunal, unha vez alí realizamos diversas actividades guiados polos forestais, ao remate das mesmas xantamos todos xuntos convidados pola Mancomunidade de Montes de Vilapouca.
O alumnado participou con moito entusiasmo nas actividades propostas polas persoas do Distrito Forestal: plantación de especies autóctonas, regadío posterior, colocación de casas- niño, medición da altura e diámetro das árbores axudados das novas tecnoloxías. Como recompensa os nenos e nenas recibiron un agasallo: unha camiseta e unha bolsa.
AQUÍ PODEREDES VER IMAXES DE O BEN QUE O PASAMOS
FOI UN DÍA XENIAL!!!
DENDE O CENTRO QUEREMOS DAR AS GRAZAS TANTO AO DISTRITO FORESTAL XVI, COMO OS COMUNEIROS DE VILAPOUCA E PROMETER QUE O VINDEIRO ANO VOLTAREMOS CON MÁIS GANAS AÍNDA.
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O venres día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dedicámosllo á ferrolá Ángeles Alvariño, a primeira muller en viaxar como científica nun buque oceanográfico. Fixemos diferentes actividades segundo o noso curso.
Os máis pequenos xunto co primeiro curso modelamos en plastilina as nosas propias especies mariñas inspiradas nas que descubriu Ángeles Alvariño.
O alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria vimos un pequeno vídeo sobre a vida de Ángeles Alvariño e cubrimos unha ficha con estes datos. Aprendemos moitas cousas interesantes.
5º e 6º cursos lemos una pequena biografía sobre ela e localizamos nun mapa mundi os lugares nos que viviu, que son máis dos que poidades imaxinar!
Finalmente, puxemos as nosas experiencias en común e fixemos unha pequena exposición sobre Ángeles Alvariño nun recanto da nosa biblioteca. Que ben nos quedou!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »