REAPERTURA E MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Segundo o anunciado na resolución do 5 de maio (DOG 6 de maio): restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio do 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.