ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O 3º TRIMESTRE

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o venres día 17 un documento no portal educativo titulado Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.

É importante ter en conta que a Consellería especifica que está á espera da publicación da normativa estatal para elaborar un documento definitivo.