CAMPO A TRAVÉS NO CIRCUITO DA MADALENA

E para comezar decembro...que mellor xeito de facelo que participando da actividade de Cross...

Con toda a emoción e algúns nervios o pasado venres, día 1 de decembro, saimos para o circuito da Madalena sobre as 10 da mañá para participar en Cross.

Alí se reuniron os escolares de todos os centros da contorna para disfrutar da xornada que aínda que veu algo mollada...non impediu que todo saíra moi ben!!!

Noraboa a tódol@s participantes polo esforzo, os mestres e mestras que colaboraron así como as nais que repartiron o chocolatiño quente para repoñer forzas!!!

Nesta ocasión casi non temos fotos da ocasión pero as que temos...as compartimos...