NOVOS PROXECTOS SOLIDARIOS

Coa entrada do outono, chegan ao noso cole novos proxectos solidarios. Un destes proxectos que desenvolveremos durante este primeiro trimestre é a colaboración co “Proyecto Quimions” .

Dito proxecto ten como finalidade facer que a estancia dos doentes infantís nos hospitais sexa un pouco máis agradable e “tapar” dalgún xeito a imaxe negativa que ten a quimioterapia na sociedade.

¿COMO PODEMOS COLABORAR DENDE O COLE? Pois ben, nós deseñaremos e fabricaremos uns QUIMION (bolsas de feltro decoradas cuxa función e tapar as bolsas do soro do tratamento da quimioterapia) e doarémolas.

Toda este proxecto xa ten a súa propia banda sonora que leva por título “Somos los Quimions” e que podedes escoitar premendo sobre o título.

 

A continuación tedes unhas fotos do primeiro día que chegou o proxecto as nosas aulas e dos primeiros deseños que están  facendo da mascota…