24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Fai pouco que comezou o curso e xa estamos de celebración!!! O próximo día 24 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares.

Gustaríanos reflexar  o cartaz e lema que este curso 2015-2016 escolleu a Consellería de Educación para a campaña anual de Bibliotecas.

 

A imaxe responde á interpretación do lema elexido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.

Cada curso tentamos facer algunha actividade especial e nesta ocasión non vai ser menos...ide ollando polos corredores se vedes algo diferente...xa tedes algunha pista? sabedes de que se trata? 

Mentres tanto aqui vos deixamos o vídeo conto: Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca. Agardamos que vos guste.

 

BENVIDA Á AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Boa tarde!!!!

Dámosvos a benvida a aula de Audición e Linguaxe, na que frecuentemente colgaremos diversas actividades realizadas na clase, especialmente en Educación Infantil, así como pautas, recomendacións e recursos para practicar na casa mentres xogamos.

 

Do mesmo xeito, aproveitamos para presentar a mascota da nosa aula.... o seu nome é "Richón" !!!!


A continuación, deixamos un documento coa historia de Richón.

Esperamos que vos guste!!!!!

VOLVEMOS Á COCIÑA

Aqui estamos... un curso máis volvemos á cociña para aprender moitas receitas e axudarlle ao noso cociñeiro Rubén. Nesta ocasión tiveron a oportunidade de  iniciarse na elaboración das albóndigas o alumnado de 5º e 6º. Colaboraron coa sobremesa os rapaces e rapazas de 1º e 2º que fixeron unha deliciosa tarta da avoa, receita especial do chef...


Pinchando na imaxe pódense ollar outras fotos.

HORARIO DO CENTRO

O centro conta con xornada continua co seguinte horario lectivo:

 

09:30h a 14:30h

 

Horario non lectivo:

  • 14:30h a 15:30h COMEDOR
  • 15:30 a 17:00h BIBLIOTECA
Distribuir contido