MENÚS DE NOVEMBRO E DECEMBRO

No apartado de Menú Escolar podedes acceder ao PDF cos menús correspondentes aos meses de novembro e decembro.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado venres, celebramos no noso cole o Día da Biblioteca, e presentamos un novo proxecto sobre o que traballaremos todo o curso.

Podedes descubrir máis e ver as fotos no blogue da biblio...

http://bibliosoutelo.xyz/

ESTREAMOS NOVO BLOGUE DA BIBLIOTECA

No día de hoxe, coincidindo co Día das Bibliotecas, temos o pracer de presentarvos o noso novo blogue da biblio.

Convidámosvos a que o visitedes!!!!!

 

http://bibliosoutelo.xyz/

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DE SAMAÍN 2015

Como todos os anos, con motivo da celebración de Samaín no CEIP de Soutelo de Montes faremos unha exposición de cabazas decoradas elaboradas polos alumn@s coa colaboración das familias.

Admitiranse cabazas para a exposición o: LUNS 26, MARTES 27 e MÉRCORES 28.

Recordamos que os que queiran recoller as cabazas para levalas de novo para as súas casas terán que facelo unicamente o XOVES 29, posteriormente non se entregará ningunha.

Non esquezades baleirar MOI BEN as cabazas para que non podrezan antes do xoves.

Distribuir contido