A CURIOSIDADE POR VER OS ALLOS

Aquí están os máis peques coa súa profe observando como naceron os allos.

Pese ao tempo e as condicións do terreo, naceron tódolos allos que fai uns meses os compañeiros de 5º e 6º estiveron plantando.

 

SAÍDA DE EDUCACIÓN INFANTIL: AURORA

Hoxe os peques, acompañados da profe Chus e da profe Eva tiveron a saída á Pontevedra.

Foron ver AURORA de Elefante elegante teatro.

Aquí vos deixamos o trailer:

Viñeron encantados/as contándonos que lle acontece a curuxa e dixeron que o pasaran moi ben.

Ollade as fotos pinchando aquí.

DEPORTE ESCOLAR EN CERDEDO

      

Hoxe foi unha mañá moi intensa para  o alumnado do 2º e 3º ciclo e os seus profes. Tocou deporte escolar cos compañeiros/as do cole de Cerdedo e todos chegaron moi contentos...

Gañaron nas distintas modalidades e case tódolos partidos pero o principal foi que pasaron unha gran mañá, divertida e disfrutando do deporte.

Moitos PARABÉNS!!!!!!

FOTOS

O ENTROIDO

Como xa vos informamos este Entroido fixémolo moi internacional...si si...os que tivestes a oportunidade de vernos e acompañarnos xa o pudestes comprobar.

Facendo coincidir o proxecto que estamos traballando "A volta ao mundo en 80 días" escollemos algunhas das bandeiras dos países polos que pasa Willy Fog e así nos caracterizamos:

CURSO BANDEIRA
EDUCACIÓN INFANTIL XAPÓN
PRIMEIRO CICLO CHINA
SEGUNDO CICLO EXIPTO
TERCEIRO CICLO  INDIA

Pinchade na foto para ir á galería

Distribuir contido