SAMAÍN 2023

Durante ás semanas previas no centro propuxemos diversas actividades relacionada con esta tradicional festa celta.

Aquí vos deixamos unha mostra onde poderedes observar os resultados dos talleres de decoración, as vasoiras decoradas polas familias (moitas grazas polo esforzo, o resultado foi moi creativo) e ao alumnado caracterizado ás ordes de "Ósiños"

 

 

 O alumnado do CEIP Soutelo de Montes festexou a fin do samaín cunha intensa xornada cargada de diversos obadoiros. A temática de cada un deles foi a seguinte: 

 

- Obradoiro de cociña terrorífica: neste obradoiro leváronse a cabo a creación de diversos platos para crear merendas terroríficamente ricas e divertidas. 

 

- Obradoiro da escuridade: o obxectivo deste obradoiro foi levar a cabo a creación dun monstro xuntando as pezas que o alumnado foi descubrindo na penumbra da aula coa axuda dunha lanterna. 

 

- Obradoiro de texturas noxentas: neste obradoiro o alumnado debía atopar un número exacto de bichos, somerxendo as mans nas diferentes caixas que contiñan texturas noxentas. 

 

- Obradoiro de xogos activos: o obxectivo principal deste obradoiro foi promover o exercicio físico nos nenos e nenas a través de diversos xogos con temática de Samaín. 

 

- Obradoiro de robótica: neste obradoiro leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas coa aprendizaxe da programación para que o alumnado vaia adquirindo certas destrezas no mundo da programación informática e a robótica educativa. 

 

XIX FESTA DOS COGOMELOS DE SOUTELO DE MONTES

O día 5 de novembro, tivo lugar en Soutelo de Montes a "XIX Festa dos Cogomelos"

A asociación "O Can de San Roque" púxose en contacto co centro para ofrecernos a posibilidade de deseñar o cartel desta festa gastronómica.

Aquí tedes unha mostra dos deseños que lle entregamos:

AULA DE INFANTIL

AULA DE 1º/2º DE PRIMARIA

 

AULA DE 3º/4º PRIMARIA

 

AULA DE 5º/6º PRIMARIA

 

 

O CARTEL ELIXIDO POLA ASOCIACIÓN PARA PUBLICITAR A FESTA DO COGOMELO FOI O SEGUINTE:

 

MOITOS PARABÉNS Á AULA DE 5º/6º DE PRIMARIA

TÉÑENO BEN MERECIDO!  MOI BO TRABALLO!!!

MENÚS MES DE NOVEMBRO

 

PREMEDE NA IMAXE PARA CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE NOVEMBRO.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Para poder consultar todas as actividades que están programadas para estas datas previas ao Samaín (que celebraremos o 31 de outubro) deixamos aquí o enlace ao noso blogue:

 

Distribuir contido