ACTO DE CLAUSURA DO PLAN DE FORMACIÓN INTERCENTROS

O día 18 de maio celebrouse no auditorio de Cerdedo un acto de clausura do plan de formación intercentros. Os alumnos e mestres dos tres centros participantes presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso 2017-18 no marco do proxecto unha tarefa integrada: Contacontos por un día.

O CEIP San Xoan Bautista presentou Son de auga e pedra, un traballo arredor dos muíños e o seu funcionamento. O noso cole,  O CEIP Soutelo de Montes presentou a Peregrinaxe pola senda do Lérez grazas a unha maqueta e unha curtametraxe cun curioso fraile como fío conductor.

 O CEIP Nosa Señora das Dores, investigou sobre a música e todo o que o rodea para a creación ducha curtametraxe partindo do conto de Pablo Nogueira e Magoia Bodega, o Conto da Muiñeira de Chantada.

 

 

 

 

No seguinte enlace pódese acceder a noticia no xornal:

 

 

 

 

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/05/19/clausura-plan-formacion-intercentros-auditorio/1894403.html

 

23 de abril: DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro, e no marco do proxecto que estamos traballando durante este curso 2017/18, hoxe publicamos o noso guión teatral:

 "PEREGRINAXE POLA SENDA DO LÉREZ"

Esta pequena obra de teatro será o instrumento de axuda para a gravación da curtametraxe que leva o mesmo nome. Para escribilo baseámonos nun traballo previo que consistiu en investigar sobre os animais, plantas, muíños e pontes que se atopan no río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei.

Estade atentos a andaina de frei Bieito!!!

 

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.No 2018 e despois de 56 edicións adícaselle a cuarta muller, MARÍA VICTORIA MORENO, extremeña de nacemento pero que desde que descubriu o galego, entregou a súa vida a promocionalo e defendelo.

No cole tivemos moita sorte coa ANPA MEIXOEIRO porque agasallaron a todo o alumnado e tamén a biblioteca do centro cunha das obras da autora: LEONARDO E OS FONTANEIROS, así que...moitísimas gracias.

 

 

CLAUSURA PLAN DE FORMACIÓN INTERCENTROS 2014-2018

Hoxe, desde o CEFORE de Pontevedra, facíase eco da clausura do Plan de formación intercentros 2014-2018. CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES, CEIP DE SOUTELO DE MONTES E CEIP SAN XOAN BAUTISTA.

 

Se vos interensa a noticia premede no seguinte enlace:

NOTICIA

Distribuir contido