LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

No documento adxunto podedes descargar a relación de libros para o curso 2018-2019.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019.

DOCUMENTACIÓN:

Por cada fillo/a para o que se solicita o servizo de comedor, hai que presentar o Anexo II: Modelo de autodeclaración e especificacións. (Ver documento adxunto)

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN

  • Concepto de unidade familiar

 

NO CASO DE MATRIMONIO

EN AUSENCIA DE MATRIMONIO OU EN CASO DE SEPARACIÓN LEGAL

Cónxuxes + fillos menores + fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente

Pai ou nai + fillos menores que convivan co solicitante + fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente e que convivan co solicitante.

 A maioría de idade acádase ao cumprir 18 anos.

POLO TANTO:

-Calquera outra agrupación familiar non constitúe unidade familiar.

-Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.

-O número de membros da unidade familiar realízase atendendo a situación existente o día 31 de decembro do 2017. Polo tanto, se un fillo cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar coma tampouco o membro que falecera durante ese período

-Nas parellas de feito só un dos seus membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos. O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.

 

  • Renda familiar anual

 

1.   Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

2.   Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

Casiña 415 + casiña 435 – casiña 557

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman para da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

ACLARACIÓNS:

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben da declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF, más o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF. Neste segundo caso, teranse en conta os seus datos fiscais de 2017: sumaranse os importes das casiñas 0002 (retribución dinerarias) e 0025 (intereses) e restaranse os importes das casiñas 0012 (cotización seguridade social), 0558 (retencións procedentes do traballo) e 0559 (retención procedentes do capital mobiliario).

-Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que o especificado no apartado anterior.

A Consellería pon a disposición das familias unha aplicación para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

 

 

PREMEDE NA IMAXE E PODEREDES CONSULTAR O CALENDARIO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR:

 

FESTA FIN DE CURSO

O mércores día 20 aparcamos libros, libretas, cadernos e demais material escolar porque despois dun curso traballando arreo, chegou unha máis que merecida recompensa:

A FESTA DE FIN DE CURSO

Xogamos a: corda, bolos, minicars, aros, saltamos nos hinchables, maquillámonos, fixemos demostracións de zumba, defensa persoal... en fin, pasámolo xenial e grazas á colaboración da ANPA.

MOITAS GRAZAS!!!

OLLADE, OLLADE!!... AS NOSAS CARIÑAS DINNO TODO!!!


 
   
PERO... ADEMAIS  DE TODA ESTA DIVERSIÓN, OS NENOS E TAMÉN OS MAIORES VIVIRON MOMENTOS DE EMOCIÓN AO DESPEDIRSE DOS COMPAÑEIROS DE 6º DE PRIMARIA QUE EMPRENDEN UNHA NOVA ETAPA
 
BOA SORTE RAPACES E RAPAZAS!!! 
 
 
 
 

E A CONTINUACIÓN... TOCA DESPEDIRNOS DE VANESA IGLESIAS, a titora de 1 e 2º de Primaria.

Os nen@s, os pais e nais quixeron agradecerlle á profe Vane o seu traballo ao longo destes anos  no CEIP de SOUTELO nun acto no que Vanesa foi fiel ao seu carácter e poucas palabras articulou salvo dar as grazas moitas veces. E,  é que... VANE, ti non precisas falar, os feitos falan por ti, e ante eles, as palabras sobran. QUERIDÍSIMA COMPAÑEIRA, estamos felices por ti, desexámosche o mellor no teu novo destino, aquí sempre estarán as portas abertas para ti, as portas do colexio, e as portas dos corazóns de tod@s nós: pais, nais, alumnado, compañeiros, conserxe e cociñeiro. 

COMPI, ti deixas pegadas en todas as persoas coas que estás!!!

 www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/06/21/calida-despedida-docente-vanessa-iglesias/1915021.html

Distribuir contido