NADAL 2018

Como xa é tradición no noso colexio, o día 20 de decembro celebramos o festival de Nadal.

Este ano o programa foi o seguinte:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: 

A las 12 de la noche/ O lobo e os tres porquiños.

  • 1º/2º de PRIMARIA:

Los caballos del tiovivo/ARAM SAM SAM

  • 5º/6º de PRIMARIA:

Big big world/We wil rock you

  • 3º/4º de PRIMARIA:

No dudaría/Peer Gynt

  • 5º/6º de PRIMARIA:

Os Valores

  • Todos os cursos:

Mix de Panxoliñas en inglés.

  • 3º/4º/5º e 6º de PRIMARIA:

OBLADÍ-OBLADÁ QUE LEDICIA!!! (versión en galego)

 

O resultado, coma sempre, espectacular xa que contamos con grandes artistas entre o noso alumnado. Ese día, ademais tamén tiñamos os  mellores animadores, os que aplauden con máis brío, que son, por suposto, as familias.

Moitas grazas a todos e todas  por acompañarnos un ano máis.

Aquí vos deixamos dous vídeos onde podedes ver ou lembrar as diferentes actuacións e postas en escena.  

 

 

 

40º ANIVERSARIO DA NOSA CONSTITUCIÓN

Con motivo do 40º aniversario da Constitución Española o alumnado de 3º,4º,5º,e 6º de Primaria acudeu ao Concello de Forcarei para participar en diversas actividades lúdicas organizadas dende o propio concello.

O alumnado foi recibido pola propia alcaldesa, Belén Cachafeiro e polo concelleiro José Francisco Bouzas.

Entre outras actividades, visitaron as diferentes dependencias do concello,  participaron nun pleno infantil no que xuraron o seu cargo como concelleiros, nombraron como alcaldesa a Clara Troitiño e debatiron varias propostas para mellorar a vida do noso concello: aumentar axudas para as persoas máis necesitadas, traballar no coidado do medio ambiente e facer un campo de fútbol de herba natural.

Dende o centro queremos agradecer ao Concello esta actividade que  dun xeito lúdico, práctico e moi motivador, achega ao alumnado ao funcionamento do Concello, así mesmo tamén agradecemos a dotación que recibimos como agasallo para a nosa biblioteca (exemplares das diferentes constitucións da historia de España)

Podedes ollar as imaxes dese día no seguinte enlace do facebook do Concello de Forcarei.

FACEBOOK DO CONCELLO DE FORCAREI

MENÚS PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19

AQUÍ VOS DEIXAMOS OS MENÚS DE TODO O CURSO ESCOLAR 2018-19

PARA PODER CONSULTALOS PREMEDE SOBRE O ENLACE OU ABRIDE O ADXUNTO

 

 

MENÚS ESCOLARES 2018/19

MAGOSTO 2018

Por fin, a climatoloxía permiteunos celebrar unha das festas máis esperadas do curso:

O MAGOSTO.

 

O venres día 16 de novembro celebramos esta festa de orixes tan antigas.

Fixemos de todo! Asamos e comimos ricas castañas, xogamos a moitísimos xogos: bolos, chapas, carreiras de culleres, aspiración con palliñas, xogo de pistas onde había que atopar as castañas. A novidade deste ano foi a simulación do programa de televisión BOOM!!! e as preguntas eran sobre a temática e léxico do Magosto.

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS IMAXES DESTE DÍA TAN DIVERTIDO

 

       

Distribuir contido