CROSS

01/16/2013 11:00
Etc/GMT+1

Comezamos coas actividades do programa XOGADE.

A primeira terá lugar o vindeiro día 16 de xaneiro no circuito da Madanela e trátase de CROSS.

Moita sorte e ánimo para todos/as!!



MAGOSTO

O día 14 de novembro celebramos a festa do MAGOSTO.

Celebrámolo con distintas actividades: 

Os máis pequenos fixeron uns colares...

 

Cun xogo de pistas e catro equipos preparados para buscar as castañas que os profes esconderon  por todo o colexio..

 

 

E uns reñidos partidos de brilé...

 

 

 Rematamos? Si, si e coas caras todas pintadas...

 

Na galería podedes ver máis fotos.Pinchade aquí.

 

TITIRICIRCOS 1º CICLO

 O martes os rapaces/as do 1º ciclo pasárono xenial na actividade de Pontevedra:TITIRICIRCUS.

Premede en AQUI e  así poderedes ver como disfrutaron.

 


PROGRAMA EME- Emprender na miña escola-

Este ano outra novidade da que vos queremos informar é da participación dos alumnos e alumnas do 3º ciclo no PROGRAMA EME- Emprender na miña escola-.



Trátase dun programa educativo no que, durante este curso 2012-2013 os alumnos e alumnas van crear  e xestionar unha cooperativa. Van fabricar produtos e logo tamén os terán que vender, moi probablemente un día de feira en Soutelo alá polo mes de xuño.

EME favorece o desenvolvemeto de competencias asociadas á comunicación, o análise do contorno físico, a creación, a convivencia e a cidadanía, ou a alfabetización dixital. 

Esperamos disfrutar moito desta experiencia e moito ánimo rapaces/as!!!

No lateral esquerdo da páxina tedes un bloque ó que podedes acceder para saber máis.

 


Distribuir contido