A MASCOTA DA BIBLIOTECA

Durante este curso decidimos elixir unha mascota para dinamizar a nosa biblioteca. Acordamos involucrar a todo o alumnado no deseño e así xurdiu a idea de facer unha campaña para dita elección.

Unha vez feita esta campaña eleximos seis finalistas que expuñemos na biblioteca xunto co resto de participantes:

Unha vez feita a primeira selección, tocou numerar os debuxos finalistas e pasar a facer a votación. Todo o alumnado participou en dita votación e a mascota gañadora foi unha simpática ratiña

O seguinte paso foi darlle un nome.

Puxemos na entrado do colexio un panel e alí os alumnos e alumnas foron anotando ao longo dunha semana os nomes que lles gustaban.


Ao final entre tódalas propostas de nome, escollemos RATOTECA.



Agora toca estar moi atentos....RATOTECA está preparando moitas sorpresas para todos/as...