DEPORTE ESCOLAR

O día 8 pola mañá, tivemos o primeiro encontro de Deporte Escolar cos nosos compañeiros/as do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Foi unha xornada ben divertida na que os nosos rapaces e rapazas se tiveron que esforzar moito. Xogaron a fútbol, baloncesto e balonmán e os resultados foron bastante igualados. Na galería podedes ver algunhas fotos.