CANTANDO E BAILANDO CON SUSA HERRERA

O luns 18 de febreiro tivemos a gran sorte de ter na escola a Susa Herrera.

 

Veu a presentarnos o seu último libro-CD "En Cabárceno se oye cantar". Este traballo está adicado aos animais deste parque natural de Cantabria.

A verdade e que pasamos un momento máxico e descubrimos como os contos tamén se poden cantar e bailar...foi máis que divertida a sesión!

Moitas gracias Susa e oxalá volvas pronto  a vernos!

Estas son algunhas fotos, se ides a galería atoparedes máis.