PROGRAMA EME- Emprender na miña escola-

Este ano outra novidade da que vos queremos informar é da participación dos alumnos e alumnas do 3º ciclo no PROGRAMA EME- Emprender na miña escola-.



Trátase dun programa educativo no que, durante este curso 2012-2013 os alumnos e alumnas van crear  e xestionar unha cooperativa. Van fabricar produtos e logo tamén os terán que vender, moi probablemente un día de feira en Soutelo alá polo mes de xuño.

EME favorece o desenvolvemeto de competencias asociadas á comunicación, o análise do contorno físico, a creación, a convivencia e a cidadanía, ou a alfabetización dixital. 

Esperamos disfrutar moito desta experiencia e moito ánimo rapaces/as!!!

No lateral esquerdo da páxina tedes un bloque ó que podedes acceder para saber máis.