AXUDAS PARA O ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Aquí tedes un enlece á orde publicada hoxe no DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200330/AnuncioG0534-270320-0001_gl.html

 

Aquelas familias que queiran solicitar esta axuda e non o fagan elas dende as súas casas, poden enviar os datos ao correo do colexio:

ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es