COMIDA XAPONESA
Enviado por Anónimo o Ven, 01/20/2017 - 20:44
O pasado mércores Rubén tivo a sorte de contar na cociña cuns axudantes moi especiais...os alumnos e alumnas de 3º e 4º para darlle un aire asiático ao menú...
Coincidindo co proxecto que se está levando a cabo desde a biblioteca e que leva por título A volta ao mundo en 80 días, o alumnado de 3º e 4º está investigando sobre os pratos típicos de Xapón polo que non dubidaron en pedirlle axuda ao noso cociñeiro.
Os pratos que escolleron para preparar foron:
- MAKIS
- NIGIRIS e
- TEMPURAS DE VERDURAS
E o mellor de todo...canto aprenderon!!!
Olade mais fotos na galería.