SEGUNDA PARADA NA NOSA VOLTA AO MUNDO

Continuamos viaxando arredor do mundo seguíndolle a pista a Willy Fog.

Despois de estar algo máis dun mes investigando e buscando información, o pasado venres tocou facer a exposición dos traballos.

Nesta ocasión a parada foi en Exipto e  o alumnado fixo uns traballos impresionantes.

Xa estamos montando a Guía de Viaxe para que rule por tódalas clases.

Ollade as fotos na galería.