23 de abril. DÍA DO LIBRO

O 15 de novembro do ano 1995 na Conferencia Xeral da Unesco aprobouse en París que a partir do seguinte ano tódolos 23 de abril íase celebrar o Día Internacional do Libro. A proposta fora presentada á Unesco pola Unión Internacional de Editores co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectural por medio do dereito de autor.

A razón de elixir esta data como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do finamento dos escritores Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega o 23 de abril de 1616.

Ratoteca, a mascota da nosa biblioteca, pensou que durante a semana do 22 se poderían facer diversas actividades. En breve deixaremos o programa e o resultado final...

Mentras tanto ollade o seguinte texto, foi un agasallo de Paula Carballeira (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro) para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula, no texto, destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que  (en principio) ofrecen máis resistencias:


Este é o programa de actividades propostas por  Ratoteca e como quedaron:

A ÁRBORE DOS LIBROS:


A PLANTILLA DE MARCAPÁXINAS QUE O ALUMNADO DECOROU:


 

LIBRO  CON FRASES E CITAS CÉLEBRES:


Para rematar, a nosa mascota agasallounos con unhas pegatinas.