DEPORTE ESCOLAR SOUTELO- TENORIO

O día 19 fomos ata Tenorio para xogar a  última xornada de Deporte Escolar deste curso.

Enfrontáronse os equipos de 2º e 3º ciclo e xogaron a fútbol, baloncesto e balonmán. Obtiveron uns bos resultados!!!

De volta para o colexio fixemos unha paradiña na carballeira de San Xurxo para comer o merecido xantar e despois, demos un paseiño polos arredores e fomos ata o balneario. 

Pinchade no enlace para ver as fotos.