Comedor

DELICIOSA MOUSSE DE QUEIXO E FROITOS VERMELLOS

Mirade que gran equipo facemos...

A semana pasada, xunto co noso chef Rubén estivemos aprendendo e axudándolle a elaborar a sobremesa para o xantar...

Foi unha deliciosa mousse de queixo con froitos vermellos...podemos asegurarvos que os comensais deixar non deixamos moito...por algo sería!!!

Moitas gracias rapaces!!!

FOTOS

ESCOLA DE SUSTOS

Aquí están os máis peques con Chus e Rubén!!!!Traballaron un montón para decorar as cabazas-biscoitos!!!Estaban moi saborosas!!!

Esta é a noticia que sacaron o pasado día 30 no Faro de Vigo. Pinchando na imaxe podedes acceder ó xornal dixital.

MENÚS DE NOVEMBRO E DECEMBRO

No apartado de Menú Escolar podedes acceder ao PDF cos menús correspondentes aos meses de novembro e decembro.

VOLVEMOS Á COCIÑA

Aqui estamos... un curso máis volvemos á cociña para aprender moitas receitas e axudarlle ao noso cociñeiro Rubén. Nesta ocasión tiveron a oportunidade de  iniciarse na elaboración das albóndigas o alumnado de 5º e 6º. Colaboraron coa sobremesa os rapaces e rapazas de 1º e 2º que fixeron unha deliciosa tarta da avoa, receita especial do chef...


Pinchando na imaxe pódense ollar outras fotos.

Distribuir contido