Complementarias

XOGADE: TENORIO-SOUTELO

O 9 de abril desprazámonos ao CEIP de Tenorio, onde nos agardaban os nosos compañeiros e compañeiras. Unha vez máis, disfrutamos dunha xornada de deporte e compañeirismo moi proveitosa.

Como remate á xornada xogamos todos xuntos ao brilet. 

 

AQUÍ TEDES UNHAS IMAXES:

TEATRO: BON APPETIT

O mércores día 27 de marzo o alumnado de 3º e 4º, xunto con dúas mestras desprazouse a Pontevedra para desfrutar dunha obra de teatro de AFUNDACIÓN: "Bon Appetit"(dos Ghazafellos)

Gustounos moito, xa que mesturaba as receitas de Álvaro Cunqueiro con teatro, música, títeres e xogos de palabras nun enredo cheo de humor.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGADE: SOUTELO-CERDEDO

O martes 26 de marzo disfrutamos dunha nova xornada de deporte dentro do Xogade.

Esta vez tocounos ser os anfitrións e recibimos de moi boa gana aos nenos e nenas do CEIP San Xoán Bautista de Cededo-Cotobade.

Disfrutamos de fútbol, baloncesto e balonmán, nun ambiente moi deportivo, cun gran esforzo do alumnado pero á vez, e máis importante, nun ambiente de  compañeirismo e deportividade.

 

MOI BEN POLO ALUMNADO DOS DOUS COLEXIOS!!!

 

 

 

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE

O xoves 21 de marzo celebramos a chegada da primavera e o día da árbore facendo unha camiñata ata os montes comunales de  Vilapouca.

A xornada estivo organizada polo DistritoForestal XVI xunto co CEIP de Soutelo de Montes e os comuneiros de Vilapouca. A primeira actividade consistiu nunha camiñata ata o monte comunal, unha vez alí realizamos diversas actividades guiados polos forestais, ao remate das mesmas xantamos todos xuntos convidados pola Mancomunidade de Montes de Vilapouca.

O alumnado participou con moito entusiasmo nas actividades propostas polas persoas do Distrito Forestal: plantación de especies autóctonas, regadío posterior, colocación de casas- niño, medición da altura e diámetro das árbores axudados das novas  tecnoloxías. Como recompensa os nenos e nenas recibiron un agasallo: unha camiseta e unha bolsa.

AQUÍ PODEREDES VER IMAXES DE O BEN QUE O PASAMOS

FOI UN DÍA XENIAL!!!

DENDE O CENTRO QUEREMOS DAR AS GRAZAS TANTO AO DISTRITO FORESTAL XVI, COMO OS COMUNEIROS DE VILAPOUCA E PROMETER QUE O VINDEIRO ANO VOLTAREMOS CON MÁIS GANAS AÍNDA.

 

 

 
 
AQUÍ TAMÉN VOS DEIXAMOS UN ENLACE Á NOTICIA DO FARO DE VIGO
 
 
  
 
 
 
Distribuir contido