Comedor

COMIDA XAPONESA

O pasado mércores Rubén tivo a sorte de contar na cociña cuns axudantes moi especiais...os alumnos e alumnas de 3º e 4º para darlle un aire asiático ao menú...

Coincidindo co proxecto que se está levando a cabo desde a biblioteca e que leva por título A volta ao mundo  en 80 días, o alumnado de 3º e 4º está investigando sobre  os pratos  típicos de Xapón polo que non dubidaron en pedirlle axuda ao noso cociñeiro.

Os pratos que escolleron para preparar foron:

  • MAKIS
  • NIGIRIS e
  • TEMPURAS DE VERDURAS

E o mellor de todo...canto aprenderon!!!

 Olade mais fotos na galería.

MENÚ DE XANEIRO

No documento adxunto pódese descargar o menú do comedor para este mes de xaneiro.

II XORNADAS GASTRONÓMICAS INTERCENTRO

Hoxe celebramos no cole as  II Xornadas Gastronómicas Intercentro grazas a colaboración do noso cociñeiro Rubén e Damian, o cociñeiro do cole de Cerdedo. 

 

Nesta ocasión a xornada adicouse a Rusia e sorprendéronnos cun rico menú que consistiu en:

  • ENSALADA OLIVIER
  • SOLOMILLO STROGENOFF
  • BLINIS DOCES

Rubén acudiu ao centro de Cerdedo para colaborar con Damian e o alumnado e preparar o xantar.

Unha delicia!!!!Moitas gracias

FOTOS

 

Distribuir contido