ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025
Comezo do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.
Instrucións:
Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.
Forma de presentación das solicitudes:
· A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
· Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
· Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
Enlaces de interese:
· Modelo solicitude ED550B (galego)
· Modelo solicitude ED550B (castelán)
Documentación a presentar coa solicitude:
Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).
· No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
· No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
· No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai do/a alumno/a.
Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril
Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio
Formalización de matrícula: do 20 de xuño ao 1 de xullo.
RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO
Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA ( do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro 2024), para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso 2024/2025 pasan a 1º ESO e continúan os seus estudos no centro ao que está adscrito o CEIP de Soutelo de Montes: IES CHANO PIÑEIRO.
Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que lles enviamos ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú: Solicitudes – Reserva – Crear solicitude de reserva.
Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ( no colexio de Soutelo ) ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.
Preman nestes enlaces se queren descargar o formulario (galego ou castelán).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »