Animación á lectura

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Fai pouco que comezou o curso e xa estamos de celebración!!! O próximo día 24 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares.

Gustaríanos reflexar  o cartaz e lema que este curso 2015-2016 escolleu a Consellería de Educación para a campaña anual de Bibliotecas.

 

A imaxe responde á interpretación do lema elexido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.

Cada curso tentamos facer algunha actividade especial e nesta ocasión non vai ser menos...ide ollando polos corredores se vedes algo diferente...xa tedes algunha pista? sabedes de que se trata? 

Mentres tanto aqui vos deixamos o vídeo conto: Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca. Agardamos que vos guste.

 

LIBRO DO IOGUR

 Este é o traballo feito polo alumnado do primeiro ciclo sobre  o iogur. Foi un traballo moi divertido co que aprendemos moitas cousas sobre este produto e o máis importante....que si queremos, xa sabemos como volver a facelo!!!

Se pinchades na imaxe podedes acceder ao enlace. Agardamos que vos guste.

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro tivemos a grande sorte de contar coa mestra e actriz SABELA GAGO, integrante da compañía de teatro ourensán Sarabela.

Estivo contándonos uns fermosos contos cos que conseguiu meternos no mundo da fantasía e da imaxinación...

Estivemos facendo xestos, sons, interpretando....por uns intres convertémonos en grandes actores e actrices...foi un gusto!

Para rematar a sesión deixounos un traballiño...elaborar un conto para a nosa biblioteca...e fixémolo con grande gusto...ben fermoso nos quedou...

 

Xa pola tarde, estivemos disfrutando da actividade dos padriños e madriñas lectoras, e como sempre, estivo moi ben...

 

 

Os rapaces e rapazas de Infantil estiveron traballando co Libro de Don Quijote de La Mancha e fixeron uns traballos moi fermosos.

  

 

Podedes ollar outras fotos do día na galería.

 

 

CHEGOU A PRIMAVERA

Para celebrar a chegada da primavera o noso alumnado coa colaboración das súas familias decoraron unhas fermosas flores. Moitos parabéns porque quedaron moi bonitas e orixinais!!!

Fixemos unha exposición na biblioteca e logo levamos os nosos traballos aos colexios de Forcarei e Cerdedo para facer un intercambio.

Pinchade para ver o video, agardamos que vos guste!

Distribuir contido