O MAGOSTO
Enviado por Anónimo o Mar, 11/05/2013 - 17:00Tivemos que pospoñer o MAGOSTO pero mañá, 14 de novembro, seguro que o tempo está bo e xa o celebramos.
DÍA DA BIBLIOTECA
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/02/2013 - 19:40O día 24 de outubro celebrouse o DÍA DA BIBLIOTECA.
Como tódolos anos, chegaron ao noso cole os carteis alusivos ao tema e xa os colocamos polos corredores.
O lema elexido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
REAPERTURA DA BIBLIOTECA
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/02/2013 - 19:28
Xa vos decatastes que na porta da nosa biblioteca está colocado un cartel no que aparece unha imaxe como esta. Todo é porque estamos facendo cambios e melloras.
En breve veredes os resultados e xa nos comentaredes que vos parecen.
O día 24 temos prevista a súa reapertura... e algunha que outra sorpresiña...
CURSO 2013-2014. CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/02/2013 - 19:09Na Orde do 24 de maio de 2013 apróbase o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
No archivo adxunto podedes acceder ao documento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- …
- seguinte ›
- última »