ALGO MAIS SOBRE O DÍA DO LIBRO!!!!

Nunha entrada anterior amosámosvos e contámosvos que fixemos para conmemorar o Día do Libro. Se queredes ver algo mais....pinchade na seguinte imaxe e atoparedes unha sorpresiña...agardamos que sexa do voso agrado!

IV XORNADAS GASTRONÓMICAS

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Onte pola tarde fixemos unha actividade un chisco diferente ás de tódolos días...xuntámonos tódos (alumnado e profesorado) nun lugar moi importante no colexio...A BIBLIOTECA...e, que pasou...?

Cada alumno/a converteuse en PADRIÑO OU MADRIÑA ou en AFILLADO OU AFILLADA e así comezamos unha divertida actividade de animación á lectura.

Onte día 23 de abril celebrouse o Día do Libro. 

 

 

 

 

TALLERES DE ALIMENTACIÓN E COOPERATIVISMO

Hoxe levouse a cabo no centro o Programa de Educación para a saúde (EDUSA), organizado pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) e en colaboración co Departamento de Orientación.

O taller escollido polo 1º, 2º e 3º ciclo foi relacionado coa alimentación sana e saudable.

Ao mesmo tempo, o alumnado de Educación Infantil estivo realizando outro taller sobre cooperativismo e resolución de conflictos.

 

 

 

 

Distribuir contido