Animación á lectura

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

MOI FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!!!!

Onte no cole fixemos distintas actividades para conmemorar esta data e foi unha xornada chea de diversión e moitas lecturas!!!

Comezamos vendo uns vídeos sobre a vida e obra de Miguel de Cervantes e Saavedra.

Logo, levamos a cabo a actividade do apadriñamento lector.

 

Para rematar, colgamos as bolboretas tan fermosas que fixemos nos parauganimais que colocamos no corredor da biblio.

Mirade que ben lucen, ou que decides?

Na galería están máis fotos da xornada.

 

E AGORA...A ONDE IMOS?

Xa faltan poucos días para que fagamos a presentación do novo traballo sobre a volta ao mundo en 80 días....estade ben atentos que chegará cargado de sorpresas!!!

 

 

SESIÓN DE CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

O martes estivo no cole Paco Nogueiras contándonos unha chea de contos...foi marabilloso. Fixo que viviramos unha hora máxica con contos como "O pito Cairo" "Imos cazar un oso" e tamén poñéndolle voz e música a poemas recollidos por Neira Vilas no libro "Cantarolas".

Temos que dar as gracias a editorial Kalandraka por permitirnos vivir este momento.

Aqui vos deixamos un enlace co vídeo que montamos.

Distribuir contido