Os/as alumnos/as de 4º de Primaria contaron, cantando de xeito rapeado, un conto aos/as nenos/as da Guardería Municipal e aos de Ed. Infantil do noso cole. Ao rematar fixeron unha riquísima degustación dos sabores da lúa.
O xoves, 29 de abril, celebrouse no noso centro a I Feira do Libro de Solanas, na cal participaron tódolos cursos de Ed. Infantil e Ed. Primaria. Tamén houbo feira de adultos onde tanto mestres coma pais e nais poideron intercambiar os seus libros.
Neste última semana de clase, fomos visitar, e algúns de nós coñecer, a nosa Biblioteca Municipal. Moitas grazas a Bibliotecaria Marisol por atendernos tan ben!
O mércores 21, dentro das actividades da conmemoración da Semana das Bibliotecas Escolares 2015, celebramos os apadriñamentos e amadriñamentos onde os nenos e nenas mais maiores leron aos cativos.
Foi unha actividade fantástica que deixou a todos contentos.