Coma todos os anos tivemos o Concurso de Cabazas. Moitas grazas a todas as familias participantes. Cada ano subides máis e máis o nivel de imaxinación e creación.
Tivemos un gañador ou gañadora por curso. O propio alumnado vota a mellor cabaza.
O venres festexamos o Samaín/Halloween. Todos e todas viñemos disfrazados/as.
O alumnado de primaria tivo un Scape Room: nervios, razoamento, lóxica e moita diversión.
A 25ª edición de Voz Natura arrancou con dous colexios de A Guarda: CEIP Sangriña e CEIP Solanas.
O programa de educación medioambiental conmemora o seu 25 aniversario e convidaronnos a participar no primeiros dos cinco tramos do Camiño Portugués pola costa.
Este é o enlace que publicou o periódico a Voz de Galicia coa nosa actividade
O alumnado de 5º de primaria tivo que facer unha maqueta cos corpos celestes do sistema solar. Podían empregar os materiaís que quixeran, polo que puxeron a súa creatividade a traballar.