O proxecto de centro deste ano é traballar os ODS que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible.
Durante a hora do patio o noso alumnado compartiu o seu tempo lecer con compañeir@s doutros cursos e etapas, ademáis de buscar cal sería o seu padriño/madriña afillado/afillada para as actividades conxuntas deste ano.
Cada neno ou nena tiña un ODS e tivo que buscar a súa parella.
O alumnado de 5º de educación primaria traballou, dentro da materia de ciencias da natureza, cun caderno de campo da contorna de Solanas.
Os cadernos de campos son instrumentos de observación do medio natural.
Os nenos e nenas de 5º, tiñan que explorar a contorna do noso colexio e investigar sobre a súa fauna e flora, indicando as características dos animais, moluscos, plantas, algas... que foran atopando.
O alumnado de 6º de educación primaria dentro da materia de ciencias da natureza fixo unhas maquetas das células animais e vexetais, traballando as súas partes.
O alumnado de 5º de educación primaria dentro da materia de ciencias sociais fixo unhas maquetas do sistema solar cos seus planetas e elementos do espazo.