Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

VISITA A AVELAIÑA DO ALUMNADO DE 3º PRIMARIA

A Asociación Avelaiña convidounos a unha xornada de convivencia nas súas instalacións para facer obradoiros con eles. 

Moitas grazas polo bo rato que pasaron os nenos e nenas de terceiro de Primaria.

MAGOSTO 2022

O 11 de novembro, Día de San Martiño, festexamos o magosto:

_ Papamos bocatas de chourizos e castañas.

_ Exposición oral de ditos, refráns e adiviñas galegas de outono.

_ Xogos populares.

SAMAÍN. HALLOWEEN 2022

DIXITALWEEK 2022

A DIXITALWEEK é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais dirixido ao alumnado de 6º de primaria.

Os nosos nenos e nenas estarán en réxime de internado, nunha quenda desde o domingo 23 ao sábado 29 de outubro, en Bergondo.

SELFIES DO PRIMEIRO DÍA DE CLASE CURSO 2022-2023

COMEZAMOS O CURSO 2022-2023.

No seguinte vídeo podedes ver as nosas clases.

 

Benvida curso 2022-2022

VISITA DA GARDERÍA MUNICIPAL DE A GUARDA 2022

Os nenos e nenas da Gardería Municipal de A Guarda nos fixeron unha visita para colocar os seus hoteis de bichos.

O noso alumnado de 3 anos foron os anfitrions e ensinaronlle o patio sensorial, a horta, charca...

 

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO ANIMAIS FANTÁSTICO

O equipo de concursos convocou como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.
Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de harry Potter",  propuxeron crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguete...), facer unha foto e enviala.

Tivemos un premio por participante.

GRAZAS POR PARTICIPAR.

 

COÑECE O MONTE SANTA TREGA 2022

O alumnado de 3º e 4º primaria tivo unha visita guiada polo Monte Santa Trega; roteiros, Citania, poboado de Mergelina, Ermita de Santa Trega, MASAT... foi unha xornada moi divertida. Aquí podedes ver a nosa experiencia:

 

COÑECE AS TUAS INSTITUCIÓNS 2022

Coñece as túas institucións é un programa da Consellería que ten como obxectivo  que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. Son visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

Ademáis aproveitamos para coñecer a Cidade da Cultura.



by Dr. Radut