Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

VISITA A SAN XEROME do alumnado de 2º e 4º Primaria

O colexio de San Xerome convidóunos a pasar unha xornada con eles para coñecer a súa sala sensorial, facer chapas, xogar a xogos inclusivos, ter sesión de música... 

XOGOS DE MESA.3º PRIMARIA

A nosa biblioteca ten moitos xogos que a vez que pasas un intre divertido tamén estas a traballar a lóxica, orientación espacial, toma de decisións...

Aquí tedes unha sesión de xogo dos nenos e nenas de 3º primaria:

 

BOOKTRAILER

Un booktrailer é unha pequena peza de vídeo na que tratas de intrigar a xente o suficiente para que queiran saber máis do teu libro.

O alumnado de 5º e 6º primaria tivo un obradoiro sobre creacións de Booktrailers. Cada grupo escolleu o seu libro e fixo o video; vestimenta, localizacións, diálogos...

O colexio por un día foi un plato de gravacións.

 

 

 

 

SEMANA STEAM 2022

STEAM é unha metodoloxía que axuda ao alumnado a desenvolver competencias científicas e tecnolóxicas. Durante esta semana o nosos nenos e nenas tiveron sesións de robótica, placas makey makey, xogos creativos...

O equipo de robótica e Biblioteca creativa montou unhas sesións moi lúdicas e motivantes para o alumnado. Xogar é o noso xeito favorito de aprender.

Aquí podedes ver o resultado.

 INFANTIL

1º, 2º, 3º PRIMARIA
 
 

 6º PRIMARIA

5º PRIMARIA

4º PRIMARIA



by Dr. Radut