O xoves, 16 de febreiro, @s nen@s de 5º e 6º de Ed. Primaria acudiron convidados por Pádel 2 x 2 A Guarda, as súas instalacións para xogar ó padel e o futbol..
Foi unha experiencia nova e moi enriquecedora para tod@s @s nen@s.
O pasado venres, 17 de febreiro, estiveron facendo un simulacro de salvamanto marítimo no porto de A Guarda. Como estamos tan pretiño do porto, podemos desfrutar vendo cómo a facían.
Xa temos gañadora do concurso de debuxo en familia da caricatura de Roal Dahl organizado polo equipo da Biblioteca. Moitas grazas a tod@s @s participantes pola vosa colaboración.
O próximo 24 de febreiro é o 180 Aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro.
@S alumn@s de 6º de Primaria, dentro da súa aula de plástica, elaboraron este cartaz para colaborar na homenaxe que se lle realizará na nosa vila.
E para seguir coa conmemoración, todo o noso alumnado tivo a visita de Maruxo que nos contou historias da vida dela e nos recitou algúns dos seus poemas.
Moitas grazas por vir, Maruxo. Volta cando queiras!!!
Voltamos do entroido con moita forza e ganas de traballar e recibimos a visita de Manu, o "Naturalista cojo" que nos veu falar das aves que podemos ver no noso esteiro.