Curso escolar 2023-2024

 

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

O novo alumnado que desexe comezar os seus estudos no CEIP SEARA deberá presentar neste centro ou a través da aplicación "admisión alumnado", a súa solicitude de admisión DOCUMENTO ED550B.

Polo tanto, a presentación de solicitudes será única e poderase presentar das seguintes maneiras:

·        Forma electrónica: cubrir os formularios na aplicación “admisionalumnadoe presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e adxuntalo coa solicitude (anexo II).

·        Forma presencial: descargar os formularios da aplicación “admisionalumnado” da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), da páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.gal/) ou recollelos no centro para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte DOCUMENTACIÓN:

·        Documento do libro de familia onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
·        Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
·        Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

·        Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

O prazo de presentación vai dende o 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

 

 NORMATIVA VIXENTE:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

CENTROS ADSCRITOS:

E.E.I. DE VERDUCEDO ESTÁ ADSCRITA AO CEIP SEARA.

C.E.I.P. SEARA ESTÁ ADSCRITO AO IES PLURILINGÜE A PARALAIA.

 

A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO É A ZONA DELIMITADA POR:

 

·        PEIRAO DE PASAXEIROS.
·        RÚA RAMÓN CABANILLAS.
·        RÚA CONCEPCIÓN ARENAL.
·        RÚA MÉNDEZ NÚÑEZ.
·        SABACEDA.
·        BROULLÓN.
·        PARADELA.
·        A MARRÚA.
·        REDONDO.
·        ROSAL.

 

 

SERVIZOS OFERTADOS

·        TRANSPORTE ESCOLAR

DECRETO 160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

DECRETO 65/2014, de 28 de maio, polo que se modifica o Decreto160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos detransporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

 

·        COMEDOR ESCOLAR

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da  Consellería con competencias en materia de educación.

 

·        PLAN MADRUGA

Xestionado pola Federación de ANPAS de Moaña.

 

Horario: 07:00h - 09:15h.

 

 

 

 ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Todo o alumnado da EEI Verducedo que fixo reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025, está admitido.

A listaxe pode consultarse no taboleiro de novas no interior do colexio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/2025

 

Xa está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de Educación Primaria poida reservar praza no noso centro adscrito, o IES A PARALAIA.

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

As solicitudes poderán presentarse a través dalgunha das seguintes opcións:

1.      Aplicación ADMISIONALUMNADO:  Solicitudes> Reserva>Crear.

Para esta opción, será necesario cubrir a solicitude na aplicación, descargala, asinala e entregala no noso centro.

2.       Formato papel: o alumnado poderá recoller no colexio o Anexo para cumprimentar na casa e entregalo de volta.

3.       Sede electrónica: para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2023/2024

 

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

 

BENEFICIARIOS: alumnado de Educación Primaria matriculado no curso 2023 /2024 en centros sostidos con fondos públicos.

 

 

MODALIDADES:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

* O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria , ao estar acollidos ao programa E-DIXGAL, non terán libros de texto.

* O alumnado que vaia facer 1º de ESO, tamén se acollerá a esta modalidade e deberá tramitalo no instituto aínda que o noso centro lle facilitará o impreso.

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria.

 

 

CONTÍAS DAS AXUDAS:

 

  • Fondo Solidario de libros de texto: non terá contía económica. Prestaránselle os libros existentes no banco de libros do centro.

  • Axudas para adquirir libros de texto:

    • 240€: renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.

    • 160€: renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.

  • Axudas para adquirir material escolar:

    • 75€: renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.

    • 60€: renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.

 

 

REQUISITOS:

 

  • Fondo Solidario de libros de texto: ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2022/2023 ou do fondo de libros do colexio, de ser o caso, antes do 21 de xuño de 2023.

  • Axudas para adquirir libros de texto: ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (Renda de 2021).

  • Axudas para adquirir material escolar: ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (Renda de 2021)

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

PRAZO: ata o 21 de xuño do 2023 (este incluído).

 

PROCEMENTO: a través das seguintes maneiras:

 

  • Presencial: presentando o Anexo I e Anexo II debidamente asinados e acompañados da documentación precisa na secretaría do centro e no horario de atención ás familias (a partires das 13:30 todos os días).

  • Telemática: a través da aplicación “FondoLibros” empregando os formularios Anexo I e Anexo II (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Solicitude: Anexo I -modelo ED330B.

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

*En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  • Documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

  • Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

 

* En calquera caso, esta documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

 

 

 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS

(CURSO 2023/2024)

A listaxe definiva do novo alumnado atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño

En xuño publicaremos na páxina web a relación de documentación que será necesario presentar así como o procedemento.

 

 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

(CURSO 2023/2024)

A listaxe provisional do novo alumnado atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

 

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

O novo alumnado que desexe comezar os seus estudos no CEIP SEARA deberá presentar neste centro ou a través da aplicación "admisión alumnado", a súa solicitude de admisión DOCUMENTO ED550B.

Polo tanto, a presentación de solicitudes será única e poderase presentar das seguintes maneiras:

·        Forma electrónica: cubrir os formularios na aplicación “admisionalumnadoe presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e adxuntalo coa solicitude (anexo II).
·        Forma presencial: descargar os formularios da aplicación “admisionalumnado” da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), da páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.gal/) ou recollelos no centro para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

O prazo de presentación vai dende o 1 ao 20 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

 NORMATIVA VIXENTE:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

CENTROS ADSCRITOS:

E.E.I. DE VERDUCEDO ESTÁ ADSCRITA AO CEIP SEARA.

C.E.I.P. SEARA ESTÁ ADSCRITO AO IES PLURILINGÜE A PARALAIA.

 

A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO É A ZONA DELIMITADA POR:


·        PEIRAO DE PASAXEIROS.
·        RÚA RAMÓN CABANILLAS.
·        RÚA CONCEPCIÓN ARENAL.
·        RÚA MÉNDEZ NÚÑEZ.
·        SABACEDA.
·        BROULLÓN.
·        PARADELA.
·        A MARRÚA.
·        REDONDO.
·        ROSAL.


 

SERVIZOS OFERTADOS

·       

TRANSPORTE ESCOLAR

DECRETO 160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

DECRETO 65/2014, de 28 de maio, polo que se modifica o Decreto160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos detransporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

 

·       

COMEDOR ESCOLAR

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da  Consellería con competencias en materia de educación.

 

·       

PLAN MADRUGA

Xestionado pola Federación de ANPAS de Moaña.

 

Horario: 07:00h - 09:15h.

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

 

Xa está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de Educación Primaria poida reservar praza no noso centro adscrito, o IES A PARALAIA.

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

As solicitudes poderán presentarse a través dalgunha das seguintes opcións:

  1. Aplicación ADMISIONALUMNADO:

           Solicitudes> Reserva>Crear

Para esta opción, será necesario cubrir a solicitude na aplicación, descargala, asinala e entregala no noso centro. 

 

  1. Formato papel: o alumnado poderá recoller no colexio o Anexo para cumprimentar na casa e entregalo de volta.

 

3. Sede electrónica: para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

 

   

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Se non te queres perder nada...

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031