Skip to Content

COMUNICACIÓN CASO POSITIVO COVID-19

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O venres 13 de novembro publicouse no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria. De conformidade con esa Orde, todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar, será directamente beneficiario das máscaras. O resto do alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material por diferentes circunstancias, pero pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€, ou familias ás que lle cambiara a situación, deberán presentar solicitude a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, no portal educativo ou na secretaría do centro. O prazo de solicitudes será ata o 27 de novembro incluido.

CARTA COMUNICACIÓN FAMILIAS CASO COVID-19

INFORMACIÓN COVID19

PARA CONTACTAR CO EQUIPO COVID:

En horario lectivo: Chamade ao teléfono do colexio 886120782

 

En horario non lectivo: Enviade un correo electrónico á dirección

ceip.fragadorei@edu.xunta.gal

TITORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL

No arquivo adxunto tedes o titorial de acceso á aula virtual para o alumnado. O nome de usuario será proporcionado polos mestres-as titores-as.

DOCUMENTOS COVID CURSO 2021-2022

Documentos de interese para a comunidade educativa do CEIP Santiago de Oliveira:

Plan de Adaptación á situación COVID 19 no curso 2021-202

Plan de Continxencia

 

HORARIO ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2020-2021

HORARIO ENTRADAS

O alumnado que veña en transporte accederá directamente á súa aula ao baixar do autobus.

Alumnado NON TRANSPORTADO (entrarán de 8:35 a 8:45h segundo vaian chegando)

 

HORARIO SAÍDAS

O alumnado que vaia en transporte accederá directamente ao autobus.

Alumnado NON TRANSPORTADO

E. INFANTIL- 13:30h

1º e 2º- 13:35h

3º e 4º- 13:40h

5º e 6º- 13:45h

RECORDAMOS

AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NON PODERÁN ENTRAR AO RECINTO ESCOLAR.

O ALUMNADO TERÁ QUE TRAER:

  • UNHA MÁSCARA POSTA (que cumpla cos requisitos de protección)  E OUTRA DE REPOSTO NUNHA BOLSA DE TEA (en Educación Infantil é opcional).
  • 1 BOTELLA CON AUGA CO NOME.
  • PAQUETE DE PANOS DESBOTABLES.
  • MERENDA. 

RECOMENDACIÓNS:

 

  1. Máscaras hixiénicas que cumpran a normativa UNE 0065:2020 ou cirúrxicas marcado CE UNE EN 14683 (4h de uso aprox.).
  2. Funda para gardar a máscara hixiénica en uso para non mesturar coa de reposto (en total dúas fundas).
  3. Lavar cada día a funda e a máscara se é das lavables.
  4. Gardar todo nunha bolsa ou poñelo nun bolsillo da mochila (para separar do resto de material).
  5. Usar botellas reutilizables para a auga (as botellas con agua que se mercan non se poden reutilizar). IMPORTANTE non esquecela xa que non se poderán usar billas e fontes.

 

INICIO DE CURSO

HORARIO PARA O COMEZO DE CURSO

O alumnado que veña en transporte accederá directamente á súa aula ao baixar do autobus.

Alumnado NON TRANSPORTADO (entrarán á hora que se indica a continuación)

XOVES DÍA 10     

3º ED. PRIMARIA- 8:45h 

2º ED. PRIMARIA- 8:50h

1º ED. PRIMARIA- 8:55h 

5º ED. INFANTIL- 9:00h 

4º ED. INFANTIL- segundo o horario do período de adaptación

                                                               

 VENRES DÍA 11

6º ED. PRIMARIA- 8:45h  

5º ED. PRIMARIA- 8:50h

4ºED. PRIMARIA- 8:55h

6º ED. INFANTIL- 9:00h

AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NON PODERÁN ENTRAR AO RECINTO ESCOLAR.

O ALUMNADO TERÁ QUE TRAER:

  • UNHA MÁSCARA POSTA (que cumpla cos requisitos de protección)  E OUTRA DE REPOSTO NUNHA BOLSA DE TEA (en Educación Infantil é opcional).
  • 1 BOTELLA CON AUGA CO NOME.
  • PAQUETE DE PANOS DESBOTABLES.
  • MERENDA. 

RECOMENDACIÓNS:

  1. Máscaras hixiénicas que cumpran a normativa UNE 0065:2020 ou cirúrxicas marcado CE UNE EN 14683 (4h de uso aprox.).
  2. Funda para gardar a máscara hixiénica en uso para non mesturar coa de reposto (en total dúas fundas).
  3. Lavar cada día a funda e a máscara se é das lavables.
  4. Gardar todo nunha bolsa ou poñelo nun bolsillo da mochila (para separar do resto de material).
  5. Usar botellas reutilizables para a auga (as botellas con agua que se mercan non se poden reutilizar). IMPORTANTE non esquecela xa que non se poderán usar billas e fontes.

Programa de acollida curso 2020-2021

En base ás Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, elaboramos o Plan de acollida para o curso 2020/2021.

Este plan aínda non foi  foi aprobado en Consello Escolar, polo que non é definitivo.

Programa de acollida

BENVIDA E NOTA INFORMATIVA PRINCIPIO DE CURSO 2020-2021

Benvidos/as ao novo curso 2020-2021. Con motivo da situación actual debido á COVID 19, informamos das seguintes novidades:

Nos próximos días publicaremos o Programa de Acollida no que se especifican aspectos importantes a ter en conta neste comezo de curso.

O próximo MÉRCORES 9 DE SETEMBRO realizaranse as reunións informativas onde se vos explicará o protocolo a seguir e resolveremos as vosas dúbidas.

REUNIÓNS INFORMATIVAS

  • Educación Infantil: 16 h
  • 1º,2º e 3º Primaria: 17 h
  • 4º, 5º e 6º Primaria: 18 h

 

IMPORTANTE

A reunión realizarase no patio, na parte traseira do colexio.

Prégase puntualidade.

No caso de ter fillos-as en diferentes cursos de primaria asistir no horario que se prefira.

Limitarase a asistencia a un membro por familia e sen a presenza de nenos-as para poder garantir a distancia de seguridade.

Obrigado o uso de máscaras.

PRÉGASE ASISTENCIA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut