Skip to Content

QUENDAS ENTREGA SOLICITUDE FONDO DE LIBROS E RECOLLIDA DE MATERIAL

 

Do 1 ó 5 de xuño organizaremos a entrega de solicitudes do fondo de libros e recollida de material que teñades no centro.

Cubride a solicitude seguindo as instrucións e revisade que estean todas as firmas no anexo de comprobación de datos.

No arquivo adxunto podedes atopar o horario establecido

ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

PRAZO DENDE 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO, AMBOS INCLUIDOS.

Tedes toda a información na ligazón edu.xunta.es/fondolibros

Presentarase unha solicitude por familia onde se cubren os datos dos,-as fillos,-as que cursarán estudos no centro o próximo curso.

Podedes presentala na sede electrónica ou cubrir a solicitude e entregala presencialmente no centro. Para facer a entrega da solicitude e devolver os libros do fondo que teñades na casa estableceranse uns turnos por días e horas respectando as medidas sanitarias.

Enviaremos unha mensaxe por Abalar e publicaremos na web as quendas para facelo. Ese mesmo día levaredes o material dos vosos,-as fillos,-as que quedou no centro.

Nos arquivos adxuntos tedes os anexos para descargar e a información relativa da documentación a presentar. 

 

 

 

PREINSCRICIÓN INSTITUTO PARA O CURSO 2020-2021

A reserva de praza realizase de forma telemática. No seguinte enlace tedes as instrucións e o enlace para cubrir o cuestionario de 1º da ESO.

A próxima semana o departamento de orientación do instituto convocará a unha reunión telemática para ofrecer información xeral.

PREMER AQUÍ

ATENCIÓN Ó PUBLICO

O horario do centro para a atención ó público é de 10:00h a 13:00h

Para calquera xestión deben pedir cita previa a través dos teléfonos 886120782-886120783 

REANUDACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-2021

O próximo luns 11 de maio reanúdase o proceso de admisión de alumnado. A data máxima para facer a solicitude é o 18 de maio. Podedes facelo de tres formas: presencialmente na secretaría do centro, dixitalmente na dirección edu.xunta.gal/admisiónalumnado firmando na sede electrónica, ou cubrila electrónicamente nesta mesma dirección e entregala no centro.

As familias que xa presentaron a solicitude non teñen que facer nada.

As novas datas son:

Presentación solicitudes de admisión: 11-18 de maio

Publicación listas provisionais: 5 de xuño

Publicación listas definitivas: 19 de xuño

Formalización de matrícula: 1-10 de xullo

No documento adxunto podedes atopar a publicación no DOG deste proceso

BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO

Orden EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, ante a situación de crisis ocasionada polo COVID-19. 

BOE

INFORMACIÓN SEGUNDA AVALIACIÓN

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, procederemos a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma, 13 de marzo.

O venres 3 de abril, as cualificacións serán enviadas ás familias por abalarmóbil.

 

No enlace que aparece nesta portada as familias que aínda non teñan a aplicación dispoñible poderán descargala no seu móbil seguindo ás indicacións.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

 

Distribuir contido


by Dr. Radut