Este ano para conmemorar o Día da Paz e non Violencia traballamos e investigamos sobre os Premios Nobel da Paz. En cada clase escolleron a un Nobel da Paz que traballaron desde as titorías e despois contaron ao resto por que o escolleran.
Tamén cada clase decidiu a quen lle darían o Nobel da Paz este ano 2021.
No seguinte enlace podedes ver unha selección de propostas para traballar na aula o 25N e a actividade realizada polo alumnado coa canción "La puerta Violeta" de Rozalén.