Skip to Content

CONCRECIÓN CURRICULAR

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023/2024

 

 

A ADMISIÓN pódese facer a través da aplicación"admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)o formulario normalizado (ED550B) ou de forma presencial na secretaría do centro onde terán a súa disposición o impreso de solicitude de admisión. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 de marzo e o 20 de marzo.

Só se poderá presentar a solicitude de admisión nun único centro, no caso de entregar en varios perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponder.

DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ NO CENTRO:

- Impreso de solicitude de admisión cuberto.

- Fotocopia da folla do libro de familia na que está inscrito a nena ou neno ou DNI do mesmo.

 

PROCEDEMENTO de RESERVA CURSO 2023-24

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, e se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (ligazón).

PROCESO E PRAZOS:

 Reserva de praza no centro de orixe:

O alumnado de 6º de educación primaria que queira continuar a ESO no IES O Barral, para efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Publícase toda a información relativa á convocatoria e o procedemento para a elección dos membros do Consello Escolar do CEIP Santiago de Oliveira e puntualmente irase actualizando.

Anímase a toda a comunidade educativa a participar activamente para formar parte do órgano de participación e control da xestión do noso centro educativo.

1. RESOLUCIÓN DA CCEU PARA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:documento

2. INFORMACIÓN SOBRE O SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL: mércores 02 novembro ás 11:30 h en secretaría para a designación dos membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes).

3. ACTA DE ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL: documento

4. CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL:documento

5. CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS:documento

6. CANDIDATOS/AS E MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS:documento

7. VOTACIÓNS PARA TODOS OS SECTORES. MARTES 29 de novembro: de 16:00 h a 16:30 h eleccións representantes do profesorado e de 16:30 h a 18:30 h eleccións representantes dos pais/nais.

8. PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS ELECTOS:documento

 

 

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2022-2023

PLAN DIXITAL DE CENTRO

LISTAXE LIBROS CURSO 2022-2023

No adxunto podedes atopar os libros de texto para o próximo curso 2022-2023

SOLICITUDE AXUDA DE MATERIAL E LIBROS. ABERTO O PRAZO ATA O 22 DE XUÑO

 Aberto o prazo para solicitar as axudas de material e libros para o alumnado que curse 1º, 2º,3º e 4º o curso 2022-2023. O alumnado de quinto e sexto de primaria (E-dixgal) solicitará soamente a axuda de material. Podedes facelo a través da sede electrónica, descargar o impreso, ou solicitalo na secretaría do centro. Tedes máis información en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no centro para o vindeiro curso obtivo praza de forma definitiva.

Podedes consultar a listaxe en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con un certificado dixital ou chave 365 , ou ben no centro.

VACANTES CURSO 2022-2023

Distribuir contido


by Dr. Radut