Skip to Content

Curso de Formación: Pizarra Digital

O segundo curso de formación que realizamos este curso, no CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira, foi o do encerado dixital, a cargo de Óscar R. Rojo. Neste, aprendemos a manexar os novos encerados instalados ao final do curso pasado, coñecendo así algunhas das súas potencialidades. Todo isto contribúe á mellora da competencia dixital docente.

Día da discapacidade

Para conmemorar o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, todo o alumnado do cole fixo o seu propio retrato para representar que todos e todas, sexamos como sexamos coas nosas diferenzas, habilidades e limitacións, temos cabida neste cole!

Curso de Formación: Plotter de Corte

Un dos cursos de formación no que participamos este ano no CEIP Santiago de Oliveira, para a mellora do uso das Tecnoloxías da Información e da comunicación, foi o do manexo do Plotter. Neste caso, foi impartido por Esteban Losada. Neste aprendemos a cortar vinilos e a gravar diferentes materiais como placas de metacrilato. Todo isto contribúe a seguir avanzando no manexo das TIC´s.

Elaborando dorsais para a carreira solidaria do 8M

 

Durante esta semana estivemos elaborando dorsais en Polos Creativos, reciclando restos de tecidos para a carreira solidaria que levaremos a cabo para a conmemoración do 8M

#PolosCreativos #CEIPSantiadodeOliveira

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Así celebramos no cole o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, baixo o lema "Queremos que todas as bolboretas voen alto". #CEIPSantiadodeOliveira #25N #poloscreativos

ENTROIDO

Celebración dun Entroido cheo de emocións, mandadiños do Meco, batucada, desfiles, fareleiro...

SAMAGOSTO

Celebración do Samaín e o Magosto conxuntamente.

FESTIVAL DE NADAL

Celebración do Festival de Nadal na Casa Cultural os Muíños de Oliveira. Cada grupo interpretou unha fermosa panxoliña, acompañados das súas familias nun día moi especial. 

XORNADA PORTAS ABERTAS 2024

XORNADA PORTAS ABERTAS 2024

RETO EDUCACIÓN FÍSICA SEMANA 4 DE MAIO #QUEDANACASA #COIDAATUASAUDE

Reto semana 4 de maio: A inventar!Esta semana tedes que crear un xogo para divertirse en familia. Seguro que máis dunha vez inventastes algún xogo. Só tedes que contarmo. Algo sinxelo.Porlle un nome e algunha norma.

Moito ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut