Skip to Content

Último número

Día da discapacidade

Para conmemorar o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, todo o alumnado do cole fixo o seu propio retrato para representar que todos e todas, sexamos como sexamos coas nosas diferenzas, habilidades e limitacións, temos cabida neste cole!

Curso de Formación: Plotter de Corte

Un dos cursos de formación no que participamos este ano no CEIP Santiago de Oliveira, para a mellora do uso das Tecnoloxías da Información e da comunicación, foi o do manexo do Plotter. Neste caso, foi impartido por Esteban Losada. Neste aprendemos a cortar vinilos e a gravar diferentes materiais como placas de metacrilato. Todo isto contribúe a seguir avanzando no manexo das TIC´s.

Elaborando dorsais para a carreira solidaria do 8M

 

Durante esta semana estivemos elaborando dorsais en Polos Creativos, reciclando restos de tecidos para a carreira solidaria que levaremos a cabo para a conmemoración do 8M

#PolosCreativos #CEIPSantiadodeOliveira

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Así celebramos no cole o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, baixo o lema "Queremos que todas as bolboretas voen alto". #CEIPSantiadodeOliveira #25N #poloscreativos

ENTROIDO

Celebración dun Entroido cheo de emocións, mandadiños do Meco, batucada, desfiles, fareleiro...

SAMAGOSTO

Celebración do Samaín e o Magosto conxuntamente.

FESTIVAL DE NADAL

Celebración do Festival de Nadal na Casa Cultural os Muíños de Oliveira. Cada grupo interpretou unha fermosa panxoliña, acompañados das súas familias nun día moi especial. 

Distribuir contido


by Dr. Radut