Skip to Content

INFORMACIÓN CURSO 2021/22

 

INFORMACIÓN RELEVANTE DO CURSO ACADÉMICO 2021/22

PREMER AQUÍ

 

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID DO CENTRO

Este documento recolle as medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 e adaptadas as características do noso centro.

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID DO CENTRO

O plan de continxencia é unha guía a seguir no caso de peche ou confinamento de unha ou varias aulas.

PLAN DE CONTINXENCIA

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID

Neste documento podedes atopar as medidas de funcionamento do centro adaptadas ao Protocolo COVID-19 vixente. Non hai moita variación en relación ao curso pasado así que as normas de carácter xeral mantéñense.

 

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID

 

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2021/22

CURSO                               DÍA                             HORA

3 ANOS                 Martes 7 setembro               11:00

4 ANOS                 Martes 7 setembro               10:00

5 ANOS                 Martes 7 setembro               10:30

1º EP                    Martes 14 setembro              16:30

2º EP                    Mércores 8 setembro            12:00

3º e 4º EP            Martes 7 setembro                12:00

5º EP                    Mércores 8 setembro            17:00

6º EP                    Martes 7 setembro                 13:00

 

RECORDAMOS A OBLIGATORIEDADE DO USO DA MÁSCARA, DISTANCIA DE SEGURIDADE E USO DE HIDROXEL. SÓ ACUDIRÁ UN/UNHA RESPONSABLE POR ALUMNO/A.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

 

  • Entrega de vales: días 5 e 6 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h.
  • Entrega de libros de texto do fondo: ao comezo do curso en setembro.

 

 

COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión cubrindo a solicitude adxunta (dispoñible tamén na Secretaría do centro) e presentándoa no centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

No caso de ser seleccionados polo Consello Escolar para o posto, deberán achegar a seguinte documentación:

  • Carné de Manipulador/a de alimentos (emitido con data 24/06/2015 ou posterior)
  • Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais.
  • No caso de ser estranxeira, deberá achegar ademais un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional, traducido ao galego ou castelán e legalizado de conformidade cos Convenios Internacionais en vigor, sempre respecto dos delictos aos que se refire o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996.
  • Copia do NIF/NIE.
  • Certificación acreditativa dunha entidade financieira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.

 

 

SOLICITUDE COLABORADORES

SOLICITUDE PARA O SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Segundo o disposto na Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-2022, informamos de que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza para o comedor escolar.

 

Lembramos que TODO O ALUMNADO MATRICULADO NO CENTRO e que desexe facer uso deste servizo, debe presentar a documentación pertinente para a reserva.

 

O prazo de presentación será do 1 ao 9 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas na Secretaría do centro.

 

A documentación está dispoñible nos arquivos adxuntos ou na Secretaría do centro.

 

SOLICITUDE

ANEXO II AUTODECLARACION

ACLARACIÓNS

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

 

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á súa publicación.

 

 

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA DO VINDEIRO CURSO 2021/22 (SÓ PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO) É DO 20 AO 30 DE XUÑO.

 

Nos seguintes enlaces podedes atopar a documentación que debedes aportar e os anexos a cubrir.

A documentación entregarase na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00h.

Para calquera pregunta, non dubidedes en contactarnos no teléfono 982 87 00 85 ou no correo electrónico ceip.sanmiguel.reinante@edu.xunta.gal

 

- DOCUMENTACIÓN.

- ANEXO III-1.

- DATOS PERSOAIS.

- INTOLERANCIAS.

- LINGUA MATERNA.

- LINGUA ESTRANXEIRA.

- RELIXIÓN.

- USO IMAXE PERSOAL.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut