Skip to Content

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRIPCIÓN

Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que pasará ao IES de Ribadeo no vindeiro curso 2024/2025.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Prazo aberto: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

 

 

 

Para presentar unha solicitude, poderase facer das seguintes maneiras:

 

-  Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberase acceder á aplicación admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Nos arquivos adxuntos atoparedes un manual para as familias.

 

- Cubrir a solicitude informaticamente na aplicación admisionalumnado e presentala asinada de xeito manual na Secretaría do centro.

 

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente na Secretaría do centro. Podedes descargar o impreso ED550A en galego  ou en castelán, nos arquivos adxuntos.

 

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto co centro no teléfono 982 87 00 85.

 



page | by Dr. Radut