Skip to Content

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

O venres 3 de abril, ás 12:00 h., publicaranse as notas da 2ª avaliación. Poderanse consultar na aplicación AbalarMóbil.

Se algunha familia ten dificultades para instalar AbalarMóbil debe mandar un correo electrónico a ceip.sanmiguel.reinante@edu.xunta.es solicitando que se lle envíe o boletín en PDF. En caso de dúbida podedes chamar ao teléfono 982 87 00 85 de 10:00 a 16:00 h.

Actividades de Ciencias Sociais para 4º (1-4-2020)

Envío outro PDF con algunhas actividades de Ciencias Sociais para os nenos e nenas que quiran facelo.

-Teresa-

Contos en familia

Mañá 2 de abril conmemórase un ano máis o Día do libro Infantil e Xuvenil. Esta celebración, que se ven facendo dende 1967, intenta a promoción da lectura entre os máis novos aproveitando a boa literatura infantil e xuvenil.

Por iso nestes días de obrigada permanencia nas nosas casas, dende o EDL do Ceip de San Miguel queremos animarvos a participar na nosa actividade "Contos en familia".

Novas actividades para 4º de Primaria

Dúas tarefas máis para o alumnado que o solicitou. Xa me iredes decindo se vos resultan moi difíciles. 
Recordade que a próxima semana son vacacións.

-Teresa-

AVISO IMPORTANTE: AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Na Orde do 27 de marzo de 2020 (DOG do 30 de marzo) convócanse axudas económicas para compensar a suspensión do servizo de comedor polo estado de alarma COVID-19.

AVISO ÁS FAMILIAS (AbalarMóbil)

Sería conveniente que os pais e nais do alumnado que aínda non o teñan feito instalen nos seus móbiles a aplicación AbalarMóbil para unha mellor comunicación co Colexio e, entre outras cousas, poder consultar as notas dos seus fillos e fillas. IMPORTANTE: Para que un pai ou nai poida descargar AbalarMóbil teñen que ter rexistrado no colexio o número de teléfono móbil actualizado.

Ditados para 4º

Que vos parece se facemos algún ditado? Teñen autocorrección. Non fagades trampa.

Ditado 1

Ditado 2

Material para 6º de Primaria de Lengua, Matemáticas e Lingua

Para calquera consulta podedes escribir á titora no seguinte correo: lalvarez@edu.xunta.es

Unidad Didáctica "Las plantas", elaborada por Andrea Díaz Luíña para 4º de Educación Primaria

Tedes no arquivo adxunto a Unidade Didáctica titulada "Las plantas", está elaborada por Andrea Díaz Luíña para 4º de Educación Primaria, e que forma parte do Practicum I que está levando a cabo no noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut