Skip to Content

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID

Neste documento podedes atopar as medidas de funcionamento do centro adaptadas ao Protocolo COVID-19 vixente. Non hai moita variación en relación ao curso pasado así que as normas de carácter xeral mantéñense.

 

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID

 

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2021/22

CURSO                               DÍA                             HORA

3 ANOS                 Martes 7 setembro               11:00

4 ANOS                 Martes 7 setembro               10:00

5 ANOS                 Martes 7 setembro               10:30

1º EP                    Martes 14 setembro              16:30

2º EP                    Mércores 8 setembro            12:00

3º e 4º EP            Martes 7 setembro                12:00

5º EP                    Mércores 8 setembro            17:00

6º EP                    Martes 7 setembro                 13:00

 

RECORDAMOS A OBLIGATORIEDADE DO USO DA MÁSCARA, DISTANCIA DE SEGURIDADE E USO DE HIDROXEL. SÓ ACUDIRÁ UN/UNHA RESPONSABLE POR ALUMNO/A.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

 

  • Entrega de vales: días 5 e 6 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h.
  • Entrega de libros de texto do fondo: ao comezo do curso en setembro.

 

 

COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión cubrindo a solicitude adxunta (dispoñible tamén na Secretaría do centro) e presentándoa no centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

No caso de ser seleccionados polo Consello Escolar para o posto, deberán achegar a seguinte documentación:

  • Carné de Manipulador/a de alimentos (emitido con data 24/06/2015 ou posterior)
  • Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais.
  • No caso de ser estranxeira, deberá achegar ademais un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional, traducido ao galego ou castelán e legalizado de conformidade cos Convenios Internacionais en vigor, sempre respecto dos delictos aos que se refire o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996.
  • Copia do NIF/NIE.
  • Certificación acreditativa dunha entidade financieira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.

 

 

SOLICITUDE COLABORADORES

SOLICITUDE PARA O SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Segundo o disposto na Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-2022, informamos de que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza para o comedor escolar.

 

Lembramos que TODO O ALUMNADO MATRICULADO NO CENTRO e que desexe facer uso deste servizo, debe presentar a documentación pertinente para a reserva.

 

O prazo de presentación será do 1 ao 9 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas na Secretaría do centro.

 

A documentación está dispoñible nos arquivos adxuntos ou na Secretaría do centro.

 

SOLICITUDE

ANEXO II AUTODECLARACION

ACLARACIÓNS

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

 

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á súa publicación.

 

 

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA DO VINDEIRO CURSO 2021/22 (SÓ PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO) É DO 20 AO 30 DE XUÑO.

 

Nos seguintes enlaces podedes atopar a documentación que debedes aportar e os anexos a cubrir.

A documentación entregarase na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00h.

Para calquera pregunta, non dubidedes en contactarnos no teléfono 982 87 00 85 ou no correo electrónico ceip.sanmiguel.reinante@edu.xunta.gal

 

- DOCUMENTACIÓN.

- ANEXO III-1.

- DATOS PERSOAIS.

- INTOLERANCIAS.

- LINGUA MATERNA.

- LINGUA ESTRANXEIRA.

- RELIXIÓN.

- USO IMAXE PERSOAL.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Publicada a convocatoria para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 21 de maio ao 22 de xuño. A entrega presencial de documentación no centro realizarase en horario de secretaría:

              - Luns, martes, mércores e venres: de 9.30 a 10.20 h.

              - Xoves: de 11.10 a 12.00 h.

              - Todos os días: de 14.30 a 15.30 h.

Nos arquivos adxuntos atoparedes toda a información sobre o proceso e os Anexos I e II para imprimir.

ENLACE Á APLICACIÓN "FONDOLIBROS".

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021/2022.

Pódese consultar:

- De xeito presencial no centro.

- De xeito non presencial a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut